Monday 06 de May de 2024

María Pita dá a benvida ás fragatas “Cristóbal Colón” e “Navarra”


 

O primeiro tenente de alcalde, Juan Ignacio Borrego, recibiu esta maña no concello ao comandante da 31 Escuadrilla de Escoltas

O primeiro tenente de alcalde, Juan Ignacio Borrego, recibiu esta mañá en María Pita ao comandante da 31 Escuadrilla de Escoltas CN, Santiago Vila, con motivo da escala no porto coruñés das fragatas “Cristóbal Colón“ e “Navarra”. Nesta visita protocolaria tamén estiveron presentes os comandantes dos dous buques, Juan Bautista Paya e Eduardo Guitián, xunto ao comandante Naval da Coruña e Ferrol, Ramón P. Fernández.

Os buques da Armada que participaron esta semana en Ferrol nunhas manobras recalaron no porto da cidade onde celebran hoxe (15.00 a 18.00 horas) e mañá (9.30 a 13.30 e de
15.00 a 18.00 horas) unhas xornadas de portas abertas para que a cidadanía poida visitar as fragatas e coñocer o seu labor. Ao finalizar a visita, o edil de Deportes fixo entrega dun agasallo, unha metopa adicada ao contraalmirante e un exemplar do libro “A Coruña, a forza da unha cidade”.